David Pintor pintará ao vivo o mural da Librería Cascanueces

Escrito por

en

Mañá, sábado 28, durante todo o día, un equipo comandado por David Pintor encargarase de realizar, á vista do público interesado, un mural na Librería Cascanueces (Rúa Cordonería 10-baixo, 15001 A Coruña). A actividade, que terá entrada libre ata completar a capacidade do local, enmárcase dentro dun programa que inclúe no mesmo espazo contacontos e obradoiros de globoflexia e pintura durante a xornada.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *