Concerto debuxado de ‘O Botafumeiro’

Escrito por

en

A revista de humor O Botafumeiro organiza este sábado, 21 de marzo, un Concerto Debuxado cos grupos Santos Morcegos!! e Camarada Nimoy, ilustrado en directo por Dani Xove, Jano e os nosos socios Martín Romero, Alberto Guitián e Brais Rodríguez.

Será ás 21:00 h, en A Gentalha do Pichel (rúa de Santa Clara, 21, 15704 Santiago de Compostela), cunha entrada de 7 euros.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *