Categoría: Novas

  • A 2ª edición da Guía Ninja do Ilustrador xa está dispoñible

    A 2ª edición da Guía Ninja do Ilustrador xa está dispoñible

    AGPI reedita e actualiza a pequena guía para profesionais que sacou en 2016 que tivo unha gran aceptación tanto dentro como fora de Galicia.

    En 2016 sacamos a Guía Ninja do Ilustrador, guía de man dirixida a ilustradores freelance que foi tamén moi apreciada por outros profesionais creativos como deseñadores ou fotógrafos. Trátabase dunha breve guía de defensa para ilustradorxs freelance onde se fala dos principais perigos e problemáticas que rodean á profesión, e de como facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos freelance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión. Esta guía foi traducida no seu día a outros idiomas como o italiano e o turco.

    Esta segunda edición conta con contidos actualizados e recolle temas candentes a día de hoxe (a nova cotización de autónomos, a irrupción das IAs xenerativas,..) Tamén renovamos ilustracións e deseños para dar unha imaxe máis actual á Guía. As ilustracións veñen da man de @itsdomingo e @alberto_guitian.

    A Guía conta cunha web (https://www.guianinjadoilustrador.org/) onde se pode descargar a Guía en versión PDF tanto en galego como en castelán, ademais de poder acceder a máis contidos de interese e recursos útiles como modelos de facturas, contratos, etc.

    Esta segunda edición, sae editada coa axuda da Deputación da Coruña e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

    Agardamos que esta nova Guía vos sexa de utilidade. Seguiremos informando.

  • Charlas do Día da Ilustración 2023 en Santiago de Compostela

    Charlas do Día da Ilustración 2023 en Santiago de Compostela

    O vindeiro lúns día 30 é o Día da Ilustración 2023. Como tódolos anos dende AGPI, en colaboración ca Xunta de Galicia, realizamos varias actividades. Como xa sabedes, xa anunciamos o obradoiro de Santy Gutiérrez e outras movidas máis que xa vos iremos comentando.

    O propio día 30, en colaboración ca MiiC (Imaxinaria, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea) vamos dar unha serie de charlas na sede de AFundación en Santiago de Compostela. 

    As charlas comezarán ás 10:20h cunha charla sobre a figura da autora homenaxeada, María Antonia Dans a cargo de Rosario Sarmiento, crítica de arte e comisaria de exposicións. Seguiremos ás 12:30 cunha charla a dúas bandas entre dous grandes autores de dúas xeracións distintas: David Pintor e Bea Gregores, onde falarán da súa obra e dos seus diferentes puntos de vista sobre o oficio da ilustración.

  • Obradoiro de Humor Gráfico de Santy Gutiérrez

    Obradoiro de Humor Gráfico de Santy Gutiérrez

    O vindeiro venres 27, o noso socio Santy Gutiérrez impartirá un obradoiro no espazo  Escola Unitaria (Calz. de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña). Esta é unha das actividades de AGPI enmarcadas na celebración do Día da Ilustración 2023.O horario será de 17:30 a 19:30h.

    A cota de inscrición é de 3€ para socixs de AGPI e 10€ público en xeral. Podedes apuntarvos no seguinte enlace.

    Sobre o obradoiro:

    Durante as dúas horas do obradoiro, Santy fará un percorrido polas súas viñetas e procesos creativos, para despois propoñer ó conxunto dxs asistentes unha actividade.

    Sobre Santy Gutiérrez

    30 anos de experiencia como creador freelance: entre os seus clientes atópanse as principais editoriais nacionais e estranxeiras, empresas téxtiles, grupos de comunicación, axencias de publicidade, produtoras audiovisuais, institucións públicas e privadas, etc… ilustrando libros infantís e xuvenís para eles, educativos. , artigos de prensa, carteis, elaboración de viñetas, viñetas, story boards, deseño de personaxes, deseño téxtil, etiquetas, logotipos, murais e infinitos debuxos en todo tipo de materiais e soportes…


    Tamén da charlas, obradoiros, conferencias, e participa en mesas redondas, debates, coloquios sobre ilustración, banda deseñada, sector editorial, literatura ilustrada, etc…

    Membro fundador do estudio BAOBAB e ex presidente de AGPI e FADIP.

    Animádevos!

  • 40 anos do Carrabouxo

    40 anos do Carrabouxo

    Este 2022 cúmprense 40 anos da creación de O Carrabouxo, unha das persaxes máis coñecidas do humor gráfico en Galicia. Creado en 1982 polo noso socio Xosé Lois González Vázquez, coñecido popularmente como Xosé Lois como tamén polo nome da súa personaxe, Carrabouxo.
    Nado nas páxinas do diario ourensán La Región, cabeceira onde se foi publicando diariamente dende 1982, foi creado coma un personaxe netamente galego (“galego-céntrico” en palabras do propio Xosé Lois) facilmente identificable ca maneira de ser do seu público. Xosé Lois expresou, a través do humor, as súas inquedanzas sociais e políticas nas súas viñetas ó longo dos anos. Polo seu cariz reivindicativo, moitas viñetas foron censuradas en diversas ocasións, tantas que mesmo deu orixe a unha exposición integrada soamente por Viñetas censuradas.

    Xosé Lois, por Siro.

    Tanta foi a popularidade de O Carrabouxo que ten unha estatua no parque de San Lázaro en Ourense, deu nome a algúns locais de hosterlería e mesmo tivo a súa propia serie de animación no ano 2000. As súas viñetas pódense atopar tamén en outros xornais como Atlántico Diario, Existen varias escolmas de O Carrabouxo publicadas pola deputación de Ourense.

    Primeira aparición de O Carrabouxo

    Convén salientar tamén o seu significado no contexto da cultura galega actual, ca súa reivindicación da nosa lingua e da nosa idiosincrasia, recibindo a Medalla Castelao en 2008, así como en 2013 o premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre outros galardóns.
    Dende AGPI facemos esta pequena homenaxe dende a nosa web a un dos grandes nomes do humor gráfico e da ilustración do noso país e o seu célebre personaxe.

  • Presentamos a #GhreloJam

    Presentamos a #GhreloJam

    Imaxe da GhreloJam, obra de Xose Geada.

    Dende AGPI, presentamos a Ghrelo Jam, un evento no que damos eco á creatividade galega. Nesta jam virtual os participantes teñen unha semana para crear, colectiva ou individualmente, un proxecto de videoxogo. Un evento que abrangue o terreo do deseño, da ilustración, música, programación…. creado en colaboración con videoxogo.gal e a Universidade da Coruña.

    Para máis información visitade a páxina da “Grelo Jam”: https://itch.io/jam/ghrelo-jam

  • Resolución de ilustradores/as seleccionados/as para a exposición “Ilustración: Una literatura visual”

    Resolución de ilustradores/as seleccionados/as para a exposición “Ilustración: Una literatura visual”

    O xurado para a elección dos candidatos presentes na exposición “ILUSTRACIÓN: unha literatura visual” formado por Marife Boix (en representación da Feira do Libro de Frankfurt), Cristobal Schmal (en representación de Illustratoren Darmstadt E.V.), Jesús González (subdirector xeral adxunto para a Promoción). do Libro, Lectura e Letras Españolas), Elena Odriozola (Premio Nacional de Ilustración 2015), Almudena Aparicio (Ilustradora e profesora, Paco Giménez (Premio Nacional de Ilustración 2019), Lluis Cadafalch (Ilustrador. Vicepresidente de APIC ) e Javier de Isusi (Nacional Premio Cómic 2020), decidiu que, entre os 121 candidatos presentados por ilustradores de todo o Estado, tendo en conta a calidade das propostas e buscando a maior representación territorial, as 30 persoas seleccionadas para formar parte da citada exposición sexan ( por orde alfabética):

    Albertos, Isabel
    Batet, Montserrat
    Bou, Marc
    Casado, Michel
    Casanova, Nacho
    de Pedro, Ángel
    Gamon, Alberto
    Garayoa, Sandra
    Garcia, Ester
    Guardiola, Marcos
    Gurrutxaga, Maite
    Hernandez, Mar “Malota”
    Illarramendi, Iban
    Inaraja, Christian
    Lozano, Luciano
    Mutuberria, Maite
    Niebla, Maite
    Olmos, Roger
    Ortín, Carlos
    Paramo, Berta
    Rilova, Sandra
    Rosende, Maite
    Ruifernández, Leticia
    Ruiz Carretero, Isabel
    Sanchez, Eva
    Torrent, Dani
    Vázquez, Fernando
    Velasco, Marina
    Vicente, Xulia
    Zorita, Estefania

    A mostra está prevista para estar integrada por 60 ilustradores, os 30 elixidos por esta convocatoria e outros 30 premios nacionais de ilustración e banda deseñada. No caso de ter menor participación da dita categoría, incluiranse na mostra as persoas en reserva e as súas obras.

    As dúas persoas en reserva serían:

    Escandell, Victor
    Bombila, Gisella

    Xurado e equipo de Fadip reunido de forma telemática en Bilbao, Darmstadt, Oronoz, Cáceres, Barcelona, Vigo, Denia, Valencia, Fràncfort, o 29 agosto de 2022.

  • CONVOCATORIA EXPOSICIÓN: ILUSTRACIÓN, UNA LITERATURA VISUAL FRANKFURT 2022

    CONVOCATORIA EXPOSICIÓN: ILUSTRACIÓN, UNA LITERATURA VISUAL FRANKFURT 2022

    ILUSTRACIÓN: Una literatura visual


    Do 19 ó 23 de outubro no Pavillón 4.1 The Arts + A Federación de Asociacións de Ilustradores/as Profesionais de España en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte e a Feira Internacional do Libro de Francfort organiza unha exposición que albergará obra de sesenta autores/as de todo o territorio nacional. 30 persoas escollidas por convocatoria e outros 30 premios nacionais. Cada ilustrador ou ilustradora mostrarannos unha secuencia narrativa de dúas imaxes extraídas dun libro inédito ou xa publicado, contándonos unha pequena historia sen palabras. 60 historias mediante 120 ilustracións que representarán a ilustración española contemporánea. Convocatoria aberta do 20 de xullo ó 20 de agosto ás 23:59h. + info: www.fadip.org

  • As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras  non acudirán ao Consello Asesor do Libro

    As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro

    Gala do Libro Galego 2019

    As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistiremos ao Consello Asesor do Libro convocado pola Consellería de Cultura e Educación para o vindeiro 15 de xullo.

    Consideramos que o desenvolvemento das xuntanzas deste Consello Asesor non está a ser útil para o noso sector, pois nelas non se vehiculan solucións ou saídas aos principais problemas que afectan ao mundo do libro galego. Ao mesmo tempo, queremos deixar constancia de que o Consello Asesor, cuxa creación foi unha demanda histórica do noso sector e así está recollido na Lei do Libro de 2006, é un organismo imprescindible onde abordar as principais liñas de traballo e de futuro para o libro galego.

    ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA
    ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS
    ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA ILUSTRACIÓN
    ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN
    FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA

  • Faladoiro creativo: Mesa redonda sobre Ilustración e Arte con Eva Agra, David Fidalgo e Susana Suniaga

    Faladoiro creativo: Mesa redonda sobre Ilustración e Arte con Eva Agra, David Fidalgo e Susana Suniaga

    Este sábado 12 ás 12:00h. temos una cita no XXIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Trátase dun faladoiro cas artistas Eva Agra, David Fidalgo e Susana Suniaga, moderado por Lizartonne, no que se tratará a relación da ilustración coa arte dende o punto de vista máis institucional. Os artistas compartirán as súas experiencias e pensamentos, coñeceremos máis sobre os proxectos nos que andan a traballar actualmente e haberá tamén posibilidade de facer preguntas dende o público.

    Non volo perdades!!

    Faladoiro

  • DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022

    DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022

    Coincidindo coa efeméride do nacemento de Castelao (30 de Xaneiro), celébrase unha nova edición do Día da Ilustración, que visibiliza ao sector da ilustración e lembra a sobranceiros artistas e o seu legado. O homenaxeado deste ano é Reimundo Patiño.

    Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985). Pioneiro da arte contemporánea galega, tivo un temperán contacto coa obra de Seoane, Castelao e Souto. Os seus primeiros cadros datan de 1953 cando pintou a serie “As sardiñas”.

    En 1958 trasládase a Madrid. Alí descubre a pintura de vangarda e participa na fundación do grupo Brais Pinto. Foi un dos fundadores do partido independentista UPG en 1964 e militante ata o 1971. Ano no que fundou a primeira galería experimental de Madrid, onde expuxo por vez primeira o cómic mural “O home que falaba vegliota”. Impulsor do movemento A Gadaña (pioneiro da arte informalista en Galicia) e o colectivo Estampa Popular Galega, que produciu gravados, obra gráfica e carteis cun forte compromiso sociopolítico.

    A figura de Patiño transcende a etiqueta de artista polo seu pensamento e activismo político na cultura galega da posguerra. Nos anos 60 e 70, o piso de Reimundo en Madrid era un salientable lugar de reunión. Participou en mostras do grupo Atlántica. Finou en A Coruña pouco antes de cumprir 50 anos.

    Na web do evento www.diadailustracion.gal, pódese consultar tamén máis información sobre Reimundo Patiño así como as actividades programadas para estes días nas bibliotecas de Galicia.

    A Biblioteca de Galicia (Santiago de Compostela) acolle a mostra de Reimundo Patiño: “O desacougo creador”. Que terá lugar dende o 28 de xaneiro ata o 10 maio con entrada libre e gratuíta. Ademáis nas distintas bibliotecas públicas e nas escolas de arte de Galicia atoparemos: Obradoiros, exposicións e actividades.

    Alberto Díaz, Aarón Moucho, Sandra Lodi e Andrea López foron convidados pola AGPI como ilustradores e ilustradoras de diferentes miradas, para que fixesen unha obra sobre aquel aspecto de Reimundo Patiño que máis lles inspirase. Todas as obras poden consultarse tamén na web antes citada.

    Os faladoiros deste ano serán retransmitidos online o 28 de xaneiro pola mañá, entre as 11.00 e as 14.00. O acceso ás charlas é totalmente libre, sen inscrición previa, e pódese seguir tanto pola web do Día da Ilustración, como polo facebook e a canle de youtube da AGPI.

    Os participantes nestas actividades serán: O humorista gráfico e ilustrador Xaquín Marín, que nos falará dun Reimundo Patiño co que estivo estreitamente vencellado, e Roberta Vázquez que nos falará da súa obra e proxectos persoais.

     

    Programa:

    VENRES 28 DE XANEIRO

    11: PRESENTACIÓN.

    11:10 XAQUÍN MARÍN: VIAXE CON REIMUNDO PATIÑO

    12:40 CONVERSA COA ILUSTRADORA ROBERTA VÁZQUEZ

     (Conducido por Neves Rodríguez)

     

    O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

     

    Cartel do Día da Ilustración 2022, obra de Paula Mayor