Categoría: historico

  • Arnal Ballester, Premio Nacional de Ilustración

    arnal ballesterArnal Ballester foi galardoado onte co Premio Nacional de Ilustración 2008, concedido polo Ministerio de Cultura para recoñecer e distinguir o conxunto do traballo realizado neste campo. Ata agora recoñecíase o labor dos ilustradores españois co «Premio ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís», e este ano elévase á categoría de Premio Nacional. Está dotado, como o resto dos premios nacionais do Ministerio, con 20.000 euros.

    Arnal Ballester (Barcelona, 1955) é licenciado en Historia pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comezou a colaborar en revistas de humor gráfico na década dos sesenta. Na actualidade dedícase á ilustración, o cartelismo e o debuxo animado. É profesor de ilustración na Escola Massana de Barcelona e na Escola Professional de Dona.

    O Xurado, presidido por Rogelio Branco (director xeneral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) estivo composto por Mónica Fernández (subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas), Noemí Villamuza (Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya), Francisco Jiménez Ortega (Associació Professional d’Il·lustradores de València), José Luís Navarro (Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid), Santy Gutiérrez (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración); Mikel Casal (Euskal Irudigileen Elkarte Profesionala/Asociación Profesional de Ilustradores de Euskadi), Ricardo Branco (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales); Itziar Zubizarreta (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando), Xurxo Lobato e os autores galardoados en anteriores edicións, Elisa Arguilé e Isidro Ferrer.

  • Arranca a Campaña de Fomento da Lingua Galega e da Lectura no Ámbito Familiar FLIS-FLI-RIS-FLÁS, co traballo de Xosé Tomás

    O martes 23 de Setembro deu comezo en Verín a campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar.

    Flis-fli-ris-flás é un ambicioso programa que vai chegar á totalidade dos nenos e nenas de Galicia de primeiro e segundo curso de Educación Primaria. A Compañía Matapiollos será a encargada de representar, ata en 75 ocasións, e en 47 concellos entre setembro e decembro, a obra de teatro, dirixida por Jorge Coira. Todos os asistentes serán agasallados cunha bolsa que incluirá un conto, obra de Araceli Gonda, que se complementa cunha batería de actividades, todas elas moi creativas, para traballar desde a familia arredor da lingua e a lectura, obra do asesor pedagóxico Francisco C. Díaz Rei, e un CD interactivo con case que cen actividades lúdicas arredor da lingua. Para os pais vai, ademais, destinado un tríptico coa idea de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e do amor polos libros. A pesar de que a obra non se representa en todos os concellos de Galicia, o material si o recibirá a totalidade do alumnado do primeiro ciclo de primaria. Xa que logo, estamos diante dunha edición de case que 45.000 exemplares.

    Deste xeito, a historia de Martiño, os seus medos á escuridade, e a axuda que atopa nas historias dos libros, será reforzada desde distintos soportes. Os cativos ven a obra e seguen as peripecias de Martiño, que continúan despois no conto e na aventura, arredor da Biblioteca da Auga (con guión de José Luis Orge e Francisco Castro), ao mesmo tempo que entenden a importancia da lectura e traballan e melloran a lingua galega. As ilustracións de Xosé Tomás, tanto no conto como nas animacións do CD interactivo, dotan a todo o producto dunha beleza estética moi atractiva e axeitada ás idades ás que vai dirixido.

    As representacións arrancaron este martes en Verín e percorrerán a totalidade da xeografía galega. Os centros educativos poderán incluír a actividade como unha das súas saídas extraescolares. Ademais, nas cidades de Galicia, as representacións tamén na fin de semana, permitirán que moitos adultos gocen da representación.

  • BD e BBAA

    BD e BBAA é un artigo de culturagalega.org no que se fala de algo que “marcou, para ben ou para mal, a moitos dos nosos autores de banda deseñada”:  o paso pola Facultade de Belas Artes. Con entrevistas a Alberto Vázquez, José Domingo, Brais Rodríguez, Miguel Porto e Kiko da Silva.

  • NEMO, con Manel Cráneo en Onda Curta este Domingo

    Case non chegamos, pero este domingo á 1:15 da mañá emitiráse a peza de Manel Cráneo con música de Javier Novelle no espazo Onda Curta da TVG.

    Onda Curta énchese de cor. No espazo adicado ao audiovisual en formatos curtos veremos ao artista Manel Cráneo pintar unha das dez pezas de vídeo incluidas na curtametraxe experimental NEMO (Novo Entremento MObil), producida e realizada por Miguel Mariño e Ariadna Camiño. No derradeiro programa da pasada tempada Onda Curta xa emitira a peza de Elena Corredoira acompañada da música de Fanny+Alexander.

  • Exposición: “Digan rana y yo salto”

    O vindeiro venres, 5 de Setembro, ás 20.00 horas terá lugar na sala de exposicións da Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (rúa Real 14-16 baixo) a inauguración desta exposición colectiva de ilustración creativa actual.
    “Digan rana y yo salto”, frase que da título á exposición, é tamén o nome do “blog” de traballo e encontro deste grupo de artistas gráficos durante o desenvolvemento do posgrado en Ilustración Creativa 2008 impartido pola Escola de Deseño e Arte Eina de Barcelona, de prestixio recoñecido internacionalmente.
    Esta frase resume axeitadamente o espíritu da mostra e dos seus participantes, dado o seu carácter innovador, fresco e cheo de novas propostas dunha nova xeración de artistas que, cada vez máis, recorren á ilustración como medio de expresión.
    Atoparemos debuxos realizados en diferentes técnicas, serigrafías, telas, pinturas ó óleo, acrílicos, e impresións de traballos dixitais, en variados soportes e tamaños, resultando un atractivo conxunto heteroxéneo de propostas.
    Serán un total de 25 artistas os que participan na exposición e proveñen de diversas partes do mundo. Ademáis de españois contamos con representantes de Francia, Italia, Canadá, México, Chile, Perú, Colombia, Venezuela y República Dominicana.
    A responsable do comisariado e coordinación desta mostra promovida pola Delegación de Ferrol do COAG, é Ana Amado, arquitecta ferrolana que tivo o placer e a honra de compartir os estudios do mencionado posgrado con este grupo de artistas.
    A exposición poderá visitarse durante tres semanas, do 5 ao 26 de Setembro, en horario de Martes a Venres de 18 a 21h e Sábados de 12 a 14h.

    Máis información:
    Blog:
    Blog do curso de ilustración creativa

  • El Espíritu del Bosque


    El 12 de Septiembre se estrena la segunda parte de “El Bosque Animado“, “Espíritu del Bosque“, esta vez, bajo la dirección de nuestro socio David Rubín.
    Pero si lo que realmente os interesa es ir al estreno sabiendo muchas curiosidades del proyecto, la cita es hoy, martes 2 de septiembre, en el Fnac de A Coruña, donde estará David hablando del proyecto.

    Más info:
    Blog de David Rubín
    Web de “Espíritu del Bosque”

  • Concurso CJ de Ilustración

    cj book picture Informan na revista de literatura infantil e xuvenil Babar da aparición dun novo concurso de ilustración internacional: o CJ Picture Book Festival. Convocado pola fundación cultural CJ de Corea do Sur, está orientado a traballos inéditos e ten un premio de 1.300 euros para o ilustrador e unha subvención de 3.200 para a editorial que publique o libro. A mesma fundación convoca outro premio para álbumes xa publicados.

    – Máis información na revista Babar.

  • Terra Libre, de Fran Jaraba

    O noso socio Fran Jaraba, ven de presentar no Salón Viñetas do Atlántico, o seu libro Terra libre, editado por Xerais. Terra libre é, tras Cita na Habana e Campos de Cuba, a terceira entrega da serie de álbums, protagonizada por Maxi Torres, nas que se narran os acontecementos do alzamento independentista cubano de 1897. Esta serie constitúe un dos cumes do cómic galego de liña clara.

    Na presentación Fran Jaraba afirmou atoparse un pouco baleiro, case coa sensación de “depresión posparto” tras dez anos traballando nesta triloxía, e “ameazou con empezar un novo proxecto para matar ese virus do cómic que leva dentro”. Afirmou “non haber unha sensación igual á de sentarse na mesa de traballo e empezar a crear mundos”, polo que seguramente en breve verémolo sumerxido noutro apaixoante proxecto en historieta.

    Nós xa o agradamos impacientes

    sinopse de Terra Libre:

    Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército colonial. A poboación campesiña sofre especialmente a dureza do conflito. Por orde do mando militar español é desaloxada das súas casas e evacuadas ás cidades, ou internada nos chamados “poboados de reconcentración” baixo a vixilancia e o control do exército.

    Un destes poboados, Cañas Largas, é peza clave para que Chinito, un líder mambí, consiga liberar un amplo territorio, proclamando así a primeira República independente cubana. Ao mesmo tempo, un tenente norteamericano, camuflado de naturalista, é desembarcado na costa sur da illa coa misión de entregarlle unha carta na man ao xeneral mambí Calixto García. Na misiva, o Goberno estadounidense ofrécelle a axuda das súas tropas para derrotar conxuntamente o exército español.

    Pero a este intrépido oficial non lle vai vai resultar doado chegar ata García. No seu camiño curzaranse Chinito, Gargajo, a Garda Civil, Pepesito e, sobre todo, Maxi Torres.

  • Cerditos de Guinea en Viñetas

    El pasado martes 12 de Agosto a las 18:45 (la ausencia de el Patito Editorial retraso la presentación 30 min.sobre la hora prevista) Cerditos de Guinea Comics, a través de nuestro socio GoChi presentó las novedades de la editorial. Durante los 20min. de la presentación se habló del nuevo álbum de Trasmallo “O tesouro de Carraxe” y se comentaron los proyectos y realidad editorial actual en el mercado gallego. El acto estuvo precedido por la charla de apertura del festival a cargo de Miguel Anxo Prado.