A Real
Academia Galega das Belas Artes Nosa Señora do Rosario acaba de
nomear a Miguelanxo Prado membro de número, por proposta do fotógrafo
Xurxo Lobato, o arqueólogo Felipe Senén e o arquitecto José Ramón
Soraluce, dentro da apertura a novas facetas da creación da institución
académica. Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958), director de Viñetas desde
o Atlántico, formará parte da sección de Artes da Imaxe.
Desde a AGPI felicitamos a Miguelanxo por este extraordinario
recoñecemento, que indubidablemente merece, e estamos seguros de que desde a súa
nova posición como académico seguirá a defender e traballar polo mellor
recoñecemento do cómic e a ilustración.
Podedes ler unha entrevista a este respecto aquí
Categoría: historico
-
Miguelanxo Prado, académico da Galega de Belas Artes
-
Outra cita para o venres 17 en Vigo
Mentres que os do norte estarán en Cambre na inauguración da expo Abril Ilustrado, os do sur temos unha cita con Manel Cráneo, ás 18.00 horas na tenda BD!, onde asinará exemplares do seu último traballo, Os Lobos de Moeche.
Os que non coñecedes a Manel en persoa non podedes deixar pasar a ocasión. E a os que xa o coñecemos, non teño nada que dicir xa que fixo que nos vemos alí.
-
Abrilustrado
O vindeiro venres 17 de abril, na sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre, celebrarase a inauguración da exposición ABRILUSTRADO, con obras de Laura Blanco, Fran Bueno, Patricia Castelao, Manel Cráneo, Suso Cubeiro, David Pintor, Emma Ríos, Sekone, Xosé Tomás e Óscar Villán.
O acto comezará ás 20h.
-
Acuarelas de Kristina Sabaite
Editorial Galaxia acaba de publicar “Acuarelas” de Rafa Villar, ilustrado por nuestra socia, Kristina Sabaite. É un libro, que pertence á Colección “Árbore dende 8 anos”, o primeiro libro de poemas infantís de Rafa Villar.
“Con palabras de cores, o mar encheuse de historias. Para que contes, para que cantes e para que pintes acuarelas de poesía.”
Máis información:
Editorial Galaxia
Blog de Kristina Sabaite -
“Valle Inclán: retratos, caricaturas e visións” por Siro López
“Levo feito máis dun cento de retratos, caricaturas e visións de don Ramón María del Valle Inclán, e recoñezo que non abondan para apreixar a xigantesca personalidade que se agocha baixo tan feble encarnadura.
Nesta mostra ofrezo unha escolma variada do meu traballo.”Siro López inaugura unha exposición sobre Valle Inclán o próximo 21 de abril que permanecerá ata o 30 de maio na Biblioteca Gonzáez Garcés de A Coruña.
Ademáis sempre é un gustazo poder escoitar a Siro, de modo que aproveitemos o día 21, ás 8: 30 da tarde que dará unha conferencia titulada “Ilustración e literatura con Valle Inclán como modelo”.
-
Xan López Domínguez fai o cartel do IBBY
O noso socio Xan López Domínguez é o encargado de ilustrar o cartel do 32º Congreso Internacional de IBBY, que decorrerá en Santiago de Compostela, do 8 ao 12 de setembro de 2010. O lema do encontro, «A forza das minorías», responde, segundo os organizadores, ao sentimento de que «dun modo ou outro todos formamos parte dunha inmensa minoría».
O International Board on Books for Young People (IBBY) é unha organización composta por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia. Foi fundado en Zürich (Suíza) en 1953, e está constituído por setenta seccións nacionais. En España, IBBY está representado por OEPLI, organizada á súa vez en catro seccións en consonancia coa pluralidade cultural e lingüística do Estado; GÁLIX [http://www.galix.org] é a correspondente á lingua galega. Desde a súa fundación, o IBBY organiza cada dous anos un congreso en diferentes cidades do mundo; o último foi en Copenhague en 2008.
-
Concursos
Hasta el 31 de Agosto se pueden presentar trabajos al XIII Concurso internacional de Álbum ilustrado, a la Orilla del Viento, organizado por el Fondo de Cultura Económica. Para ver las bases, clicad en la imagen, o en la web de la organizacion.
-
Galicia en Barcelona
Este año, en el Salón del Cómic de Barcelona, la Bd gallega tendrá una presencia de lujo. Además del estupendo cartel del evento que viene de la mano de uno de los socios de AGPI más prolíficos y con más proyección, David Rubín, podemos ver entre la lista de nominados a Jacobo Fernández (Premio Josep Toutain al autor español revelación del 2008), la revista BdBanda (Mejor revista española de o sobre cómic del 2008), las publicaciones “Carne Líquida” dirigida por Roque Romero y Brais
Rodríguez y “Condorito Muerto“, dirigida por Alberto Vázquez y Brais
Rodriguez(mejor fanzine), o al propio David Rubín (Mejor dibujo de autor español del 2008) -
Presentación de Os Lo Lobos de Moeche, de Manel Cráneo
Este sábado 4 de abril, as 20:00 horas en Alita Cómics (Rda. de Nelle) Coruña, festa presentación de Os Lobos de Moeche coa presenza de Miguel Teixido (Euroeume) e do autor da obra Manel Cráneo.
Os asistentes poderán disfrutar tamén do ritual da queimada, o conxuro correrá a cargo do actor Pablo Sánchez. Ademáis haberá sorteos e outras sorpresas.OS LOBOS DE MOECHE
Os Lobos de Moche o edita Demo Editorial e supón a primeira banda deseñada sobre as revoltas irmandiñas.
A aventura gráfica narra as memorias de Martín de Ferreira, un mozo da idade media que rematará convertíndose nun home do renacemento. A historia ten como telón de fondo as guerras irmandiñas de finais do século XV, onde o personaxe principal e o seu irmán, Lopo, veránse direitamente implicados nesta revolta social cruzándose con personaxes históricos como o lider irmandiño Alonso de Lanzós, o Conde de Lemos ou os Señores de Andrade.
A obra mistura intriga, acción e unha gran carga dramática na liña dos grandes clásicos de aventura de xénero histórico.MANEL CRÁNEO
O autor leva máis de 15 anos publicando historias curtas. Neste tempo colaborou con diferentes revistas e fanzines en Galicia e a nivel estatal. No 2007 publicou o album Damsmittt (Ed.Dibbuks) con guión de Kike Benlloch. Este é o seu primeiro album como autor completo.
-
O ‘Libro Blanco de la Ilustración’, en PDF
O Libro Blanco de la Ilustración Gráfica
en España, editado por FADIP en 2004, está dispoñible xa en
formato PDF (1,92 Mb). Desde hai
uns meses, o libro está esgotado na súa edición en papel, mais segue
a haber moito público interesado en acceder a el. Malia os seus cinco anos de
antigüidade, a gran maioría dos seus contidos seguen vixentes, e continúa
a ser unha obra de referencia para o sector.O Libro Blanco contén unha
introdución histórica da ilustración en España, así como un repaso aos
diversos aspectos relacionados co exercicio actual da profesión; no aspecto
económico, por exemplo, incide en como facer un orzamento, criterios de
remuneración, etc., e contén o modelo de Contrato Marco comentado punto por
punto.O único que se modificou da edición orixinal son as
táboas de tarifas incluidas nas páxinas 82 e 83, que se optou por non
reproducir, dado o tempo transcorrido desde a súa aparición inicial, e á espera
da publicación de novos estudos de prezos, en preparación nestes
momentos.O volume está coordinado por Carmen Castro, e contén textos da
propia Carmen Castro, así como de Felipe Hernández Cava, Raquel Pelta, Arnal
Ballester, Mariona Sardá,[Paco Giménez e Cristina Durán; contou co financiamento da Fundación Arte y Derecho.Asimesmo, os socios de AGPI terán acceso ó libro na sección de descargas, dentro da zona socios de AGPI.es



