Categoría: historico

  • MIL COUSAS PODEN PASAR EN VIGO

    Preséntase en Vigo a obra gañadora do premio Merlín 2009:  Mil Cousas Poden Pasar de nuestro socio Jacobo Fernández Serrano.

    O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro, Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar o vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20,00 horas na Libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12

  • EN MARCHA A CAMPAÑA CONTOS PARA FALAR CON DESEÑOS DE MANEL CRÁNEO

    Xa está en marcha por toda Galicia a campaña da editorial Rodeira (EDEBE), Contos para Falar que entra dentro do programa BOCABERTA da Xunta de Galicia e que pretende dinamizar o uso do galego e a animación á lectura entre os máis novos.
    Están concertados 15.000 nenos de toda Galicia para participar do espectáculo en diversas vilas e cidades nos próximos meses. As actuacións estarán repartidas por 43 concellos galegos.

    O noso socio Manel Cráneo foi o encarregado de levar a cabo a imaxe gráfica da campaña que inclúe carteis, plotters e outras pezas como un cd musical con temas compostos exclusivamente para este espectáculo. Podedes ver algunhas imaxes no seu blog.

    Ademáis a organización da campaña e a interpretación musical corre a cargo de Fernando Esclusa (o noso gabinete de prensa na AGPI).

  • Premio a Ciudades de Papel, de David Pintor

    Nuestro socio, David Pintor, acaba de recibir el premio de la Bienal Carnet de Voyage, una de las ferias más importantes del mundo dedicada a los libros sobre viajes, celebrada en la localidad francesa Clermont-Ferrand.
    “Ciudades de Papel“, publicado por Patito Editorial, es una colección de estampas realizadas por David en sus viajes. Recomendable 100%.
    Enhorabuena, David

  • VI Encontro Galego de Ilustración en Santiago de Compostela

    Como vén sendo habitual, na derradeira fin de semana de outubro desenvolverase en Santiago de Compostela, organizado pola AGPI, o Encontro Galego de Ilustración. O Encontro chega este ano á súa sexta edición, e contará coa presenza de Max e Horacio Altuna. As actividades abertas ao público serán pola mañá, este sábado, 31 de outubro, na sala da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela), a partir das 10:15 h. Despois das conferencias dos dous convidados, e dun breve intermedio musical a cargo do grupo vocal Crexendo Amodo, no Encontro haberá tempo tamén para a presentación do Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica, cunha mesa redonda na que intervirán os propios Max (presidente de FADIP e membro da Comisión do Observatorio) e Horacio Altuna (presidente de APIC e tamén membro da Comisión), ademais de Henrique Torreiro (xerente de FADIP), Santy Gutiérrez (presidente de AGPI) e Manel Cráneo (vicepresidente de FADIP).

    Pola tarde, haberá un xantar de confraternización para socios de AGPI (inscritos previamente), e, a partir das 17:30, a asemblea xeral de socios pechará a xornada.

    Na rolda de prensa ofrecida hoxe, na que participaron Santy Gutiérrez, Manel Cráneo e Henrique Torreiro, foi presentado, ademais do programa do Encontro, o libro do Informe 2008, así como a versión galega deste, que pode ser descargada gratuitamente desde a web (PDF, 804 Kb).

    O programa completo do Encontro pode descargarse aquí (PDF, 1,93 Mb).

  • Entrevista a nuestro “presi” en Briefing Galego

    Hoy ha aparecido publicada en Briefing Galego una entrevista que le hicieron a Santy Gutiérrez, presidente de AGPI, donde habla de nuestra asociación, la situación de la ilustración en Galicia, y de muchas otras cosas, todas ellas interesantes, como suele ocurrir con Santy.

  • IJU presenta a súa publicación e o proxecto de promoción do deseño e a ilustración no sector do xoguete.

    AIJU publicou en 2008 “Made In Spain -Guía de la ilustración para la industria del juguete-” na que se informaba sobre como traballar con ilustradores, presentando casos de éxito empresa-ilustrador, así como unha selección de ilustradores e os seus traballos.

    Para dar a coñecer mellor as posibilidades reais destes profesionais e mostrar ás empresas como desenvolver un produto diferencial, innovador e exitoso, AIJU liderou un proxecto a través do cal preténdese achegar aos profesionais do deseño e a ilustración á industria do xoguete.

    O resultado, tras un ano de traballo, foi Mis Buggie, unha reinterpretación actualizada dos vehículos de xoguetes clásicos.

    Tanto a publicación como o proxecto levado a cabo tiveron moi boa acollida, non só entre o sector do xoguete e produtos infantís, senón tamén entre profesionais do deseño e a ilustración. Tanto é así que Mis Buggie foi un dos produtos elixidos na exposición SUMA Y SIGUE, organizada polo IMPIVA. A exposición que se expón no MUVIM mostra unha selección de traballos recentes que ejemplifican o bo deseño que se está levando a cabo actualmente na Comunidade Valenciana.

    Para dar a coñecer ao público, tanto a publicación como o proxecto gOs meus Bugie, realizarase unha presentación de ambas as iniciativas o 22 de Outubro ás 20:00 na casa do libro de Valencia. Ademais entregaranse publicacións aos asistentes.

  • Ilustrarte 2009

    Atención! Hasta el 31 de octubre está abierto el plazo para la
    presentación de originales en la Bienal Internacional de Ilustración
    Infantil Ilustrarte 2009
    , que tendrá lugar en Lisboa. Los objetivos de
    esta bienal son promover la ilustración infantil como una manifestación
    artística y crear un espacio en el que poder ver y discutir sobre ella.

    Los ilustradores seleccionados en la Bienal participarán en la
    exposición que se inaugurará en el mes de marzo de 2010, y uno de ellos
    será el galardonado con el premio Ilustrarte, dotado con 5.000 euros.
    El jurado de la pasada edición (año 2007) otorgó el premio, entre las
    1500 candidaturas de 60 países, a la ilustradora Susanne Janssen (Alemania) y 3 menciones especiales a Martin Jarrie (Francia), Isabelle
    Vandenabeelle
    (Bélgica) y Chiara Carrer (Italia).

  • Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica

    Xa está dispoñible, en formato impreso e en PDF, o Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica. Que deben facer os ilustradores ante os cambios que se están
    a producir en todos os ámbitos en que se moven? Como reaccionar ante
    Internet e os medios dixitais? Os e as profesionais da ilustración
    gráfica deben comezar tomando conciencia da situación. O Observatorio da
    Ilustración Gráfica
    é un «sistema de detección», un
    instrumento para analizar a realidade da industria, e o seu primeiro
    resultado é este Informe 2008: unha ferramenta para empezar a situarnos
    profesionalmente no século XXI, unha base para a reflexión sobre os
    problemas que temos que resolver ante os novos retos.

    O Informe 2008 vén avalado polos membros da Comisión de Profesionais do
    Observatorio: Horacio Altuna,
    Pablo Amargo, Elisa Arguilé,
    Arnal Ballester, Ulises Culebro,
    Ricardo
    Esteban
    , Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges,
    Miguel Gallardo, Pablo
    Martínez
    , Max, Albert
    Monteys
    , Elena Odriozola,
    Javier Olivares,
    Carlos
    Ortín
    , Miguelanxo Prado,
    Mariona Sardà, Rosa
    Serrano
    y Javier
    Zabala
    .

    O libro componse de:
    • Informe: exposición das realidades de diversos ámbitos en que está
    involucrado o mundo da ilustración, con conclusións dirixidas ás
    institucións, aos clientes e aos ilustradores profesionais. Está
    dispoñible en formato PDF en español, catalán, éuscaro, galego e inglés.
    • Anexos: entre outros, artigos asinados por Santy
    Gutiérrez
    , Mariona Sardà, Horacio
    Altuna
    e Pepo Pérez,
    e transcricións de mesas redondas
    con intervencións de Javier Zabala, Javier
    Olivares
    , Isidro Ferrer, Kate
    Larkworthy
    , Michel Lagarde, José
    Luis Merino
    , Ulises Culebro, Alejandro García
    Schnetzer
    , José Antonio Millán, Mariví
    Pulido
    , Toni Segarra e Philip
    Stanton
    . Os anexos
    están unicamente dispoñibles na versión en castelán.

    O libro pode descargarse desde de
    forma gratuíta
    www.fadip.org (tamén
    en galego
    ), en formato PDF. En papel (unicamente
    dispoñible na versión en castelán) pode ser adquirido pedíndoo á nosa
    asociación ou solicitándolo a FADIP
    ().

  • Set de Cómic

    Os organizadores de Set de Cómic, entre os que se atopa o respetado
    autor galego e amigo de moitos de nós, Victor Rivas, están xa a piques
    de celebra-lo seu segundo set de cómic. Éste é un evento que reúne a
    profesionais de todos os ámbitos do mundo do comic, dende autores e
    editories pasando por libreiros, distribuidores, impresores, etc…
    nestas xornadas ofrecense reunións, charlas e conferencias, coloquios,
    meetings profesionais, etc…  e pretende ser unha feria do sector que
    facilite a comunicación entre todas as partes implicadas na producción,
    distribución e venda dos tebeos, co fin de lograr avances nas condicións
    de traballo e milloras na viabilidade do mercado.

    Tralo éxito da primeira edición, o segundo Set de cómic celebrarase
    en Lleida os días 20 e 21 de novembro de 2009 e como nesa primeira
    ocasión o público xeral poderá contemplar exposicións de destacados
    autores en diferentes escenarios da cidade e os profesionais
    participarán en reunións e charlas especializades. Tamén se facilitará
    un punto de encontro para que os autores interesados poidan presentar as
    súas propostas aos editores.

    dende a AGPI animamos a todos os autores e profesionais dos tebeos a que
    se acheguen ás xornadas.

    Toda información sobre como acudir, tarifas e aloxamentos, programa de
    actividades e demais, poderedes atopala no blogue do evento.


  • Creando Historias con Anxo Fariña

    Un
    dos nosos socios, Anxo Fariña, dirixirá e impartirá a
    actividade: “Creando historias con Anxo Fariña”. Esta iniciativa da
    Secretaría Xeral de Política Lingüistica pertence ao programa Bocaberta.
    A
    editorial galega A Nosa Terra organiza esta actividade dirixida a nenos
    e nenas entre os 11 e os 13 anos na que o autor-ilustrador do libro
    compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. En total,
    terán lugar un mínimo de 140 sesións en vilas de entre 10.000 e 20.000
    habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra e en vilas de máis
    de 5.000 habitantes en Lugo e en Ourense.