Categoría: historico

  • Sopa de Xarope de Amora, ilustrado por Marta Álvarez

    A editorial Xerais acaba de publicar o libro “Sopa de Xarope de amora”, obra gañadora do IV premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009, escrito por Xosé A. Neira Cruz e ilustrado pola nosa socia Marta Álvarez.

    A obra relata as peripecias do doutor Amorodo, científico ao servizo das casas reais, que vive completamente namorado de dona Chismunda. O humor, a parodia das linguaxes teatrais e televisivas e a crítica aos poderes establecidos están presentes ao longo de toda a historia.

  • Recomendacións do Observatorio da Ilustración sobre libro dixital

    Image Hosted by ImageShack.us
    Transcribimos a
    continuación as recomendacións que fixo públicas o Observatorio da
    Ilustración Gráfica
    , o pasado día 2, en relación co libro
    dixital:

    «A Comisión de
    Profesionais do Observatorio da Ilustración Gráfica, ante a problemática
    que
    comeza a representar o libro dixital no que respecta a dereitos e
    condicións
    para o autor, e considerando a disparidade de criterios que se están a
    dar no
    panorama, tremendamente cambiante, decidiu comunicar publicamente as
    seguintes
    recomendacións, que se verán complementadas cun breve estudo ao respecto
    no
    próximo Informe do Observatorio. Por esta razón recomendamos:

    • Non asinar ningunha
    cláusula relativa á versión dixital dun libro mentres as condicións
    xerais deste
    novo mercado non estean claras; pode ser unha solución (polo menos se a
    ilustración constitúe unha parte predominante na obra) estipular no
    contrato
    que a editorial do libro analóxico teña unha opción de preferencia para a
    edición dixital só no caso de que esta iguale as ofertas de terceiros.

    • Se estas opcións
    non fosen posibles, esixir no relativo á edición dixital unha porcentaxe
    para os
    autores nunca menor do 20-25% do PVP sen IVE (outras fórmulas posibles
    para o
    cálculo da porcentaxe resultan inxustas ou confusas), e que todas as
    cláusulas
    relativas a esta versión dixital teñan unha vixencia de só un ou dous
    anos, de
    forma que se poidan revisar as condicións unha vez pasado ese prazo.

    Lamentablemente,
    moitos contratos asinados nos últimos anos viñeron incluíndo xa entre as
    súas
    condicións a cesión dos dereitos para a versión dixital, mais animamos
    os
    ilustradores a prestaren atención a estes detalles nos novos documentos
    que asinen,
    e a non aceptaren neles ningún tipo de cláusulas que impliquen ceder
    dereitos
    para soportes distintos aos da edición en papel. A lei ampáraos e esixe a
    realización de contratos separados para garantir unhas condicións xustas
    para
    cada un deses soportes. En caso de dúbida, animámolos a pórse en
    contacto coas
    asociacións profesionais para recibiren asesoramento.»

  • Exposición de Calros Silvar

    Nos avisa el socio de AGPI, Calros Silvar, que  el próximo viernes 4, a las 20.00 h. va a inaugurar su Exposición, “Unha Ollada Natural“, en la Galería Sargadelos de Ferrol.
    De manera que ya podemos ir haciendo un huequecito en nuestra agenda, pues las ilustraciones de Calros es de lo mejor que se puede ver en temática de naturaleza, y tener la oportunidad de verlas en directo es algo que no se puede dejar pasar.

  • Rubín firmará su versión de Solomon Kane en Coruña

    Este sábado 05 de Junio a las 19:30h, nuestro socio, David Rubín firmará ejemplares del libro “Solomon Kane” en la librería Alita Comics(C/ Orzán, 110B, A CORUÑA).

    “Solomon Kane” de Robert E. Howard, ilustrado por David Rubín está editado por Astiberri.

    Blog de David Rubín: www.detripas.blogspot.com

  • Comezan as Tertulias AGPI

    A AGPI presenta unha nova actividade, as Tertulias AGPI, que comezan o próximo mércores 2 de xuño ás 19.30 h na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real 56, 15003 A Coruña)  e que posteriormente irán tendo lugar noutras localidades da xeografía galega. O título da primeira tertulia é «Fuga de talentos: segue a ser necesaria a emigración de ilustradores?».

    Seguimos os ilustradores necesitando achegarnos ás capitais para poder abrirnos paso profesionalmente, ou a era da internet converteu definitivamente o lugar de residencia en algo secundario? Este faladoiro, aberto a todo o público, busca que as persoas asistentes compartan as súas impresións sobre os mitos e as realidades da emigración de creativos cara a outros lugares. Procuramos un punto de encontro, informal e animado, entre os ilustradores e entre ilustradores e público.

    Para abrir o coloquio contaremos cun convidado especial, Alberto Guitián, socio de AGPI que residiu durante uns anos na cidade de Barcelona, onde traballou en ilustración publicitaria, banda deseñada e cinema de animación.

    A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dá comezo así a unha nova actividade que nace con vocación de continuidade, aínda que sen periodicidade nin sede fixas, coa intención de desenvolvela en diferentes localidades galegas, polo menos unha vez cada trimestre.

    Este faladoiro conta coa colaboración da Galería Sargadelos da Coruña e co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, dentro da súa campaña «A Cidade que Le».

    Alberto Guitián (Lugo, 1974). Licenciado en Belas Artes en Pontevedra. Acadou premios en diversos certames galegos e portugueses de BD e caricatura. En 2003 gañou un accésit dos premios do Injuve, na categoría de cómic. Ten colaborado en numerosas publicacións, como O Fanzine das Xornadas, Golfiño, Caña, Bíblia, Tmeo, Mono Gráfico, Cabezabajo, Amaníaco, Viralatas, BD Banda, Retranca, Barsowia, Míster K ou El Jueves, e publicou en 2009 o seu primeiro álbum monográfico, Fito e Pita (Retranca Editora). Alén diso, traballou con axencias de publicidade e estudios gráficos de Galicia e Cataluña, así como no deseño de fondos para o filme de animación Chico y Rita, dirixido por Javier Mariscal e Fernando Trueba. Nos próximos meses publicará Petaco, o seu segundo álbum de BD, recompilación de paxinas publicadas na revista xuvenil Míster K.

  • Killing the Cobra: Chinatown Trollop. Portada de Pintureiro

    Ya se está publicitando en la página de la editorial americana IDW el lanzamiento del comic book: Killing the Cobra: Chinatown Trollop. Las portadas de los cinco números de la serie son de nuestro socio Pintureiro, que fue entrevistado en La Voz de Galicia el pasado sábado.

  • Morre FRAZETTA


    Esta madrugada faleceu Frank Frazetta, un dos mestres da ilustración do século XX, especializado no eido da fantasía, gran coñecedor da anatomia e a iluminación, son memorables as suas portaas e posters de CONAN e outros.
    Dende a AGPI o noso recoñecemento a este grandísimo grandísimo artista.
    Máis información en:
    http://frankfrazetta.org/

  • II Certame Galego de BD sobre teatro

    A Revista Galega de Teatro acaba de convocar as bases da segunda edición do Certame Galego de BD sobre Teatro.
    As bases son as seguintes:
    II Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro

    Bases

    1)A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego.

    2) Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar,cada unha delas, cantas obras desexen.

    3) O traballo consistirá en adaptar para banda deseñada a peza Hámster de Santiago Cortegoso, autor premiado co Premio de Teatro Rafael Dieste en 2009. Hámster foi editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 60 e pode atoparse nas bibliotecas, solicitarse nas librerías ou na Editorial Galaxia.

    4) O texto do traballo será en lingua galega.

    5) A extensión será de 16 páxinas (cor ou branco e negro) máis  portada en cor. O formato será DIN A-4 ( 210 mm x 297 mm).

    6) Os traballos non poderán levar o nome da autora ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.

    7) A  recepción de traballos rematará o día 2 de xullo de 2009, este incluído. Deberán remitirse a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo. Pontevedra.

    8) A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras.

    9) O fallo inapelable do xurado será o día 10 de xullo de 2010 a través da páxina web da RGT: www.revistagalegateatro.com ou no blog: revistagalegadeteatro.blogaliza.org.

    10) A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados ao certame na XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas, na XXVI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e noutros locais e datas por determinar.

    11) Os exemplares poderán ser reclamados a partir do 15 de agosto de 2009. Os gastos de devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e os orixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

    12) Establécese un único premio de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora.

    13) Un xurado cualificado determinará a mellor obra. O premio poderá ser declarado deserto.

    15) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as súas bases. A organización poderá introducir, se o cre preciso, as modificacións que estime pertinentes para o bo funcionamento do certame. De igual xeito, coidará das obras presentadas pero non se fai responsable da súa integridade.

    Para calquera información sobre o concurso, as persoas interesadas poderán dirixirse ao enderezo: blog@revistagalegateatro.com

  • Exposición de Leandro

    Dende o 8 de maio ó 1 de xuño, poderemos achegarnos a ver a exposición do humorista gráfico (e socio de AGPI) Leandro Barea titulada “10 de anos de viñetas de humor en La Voz de Lugo”.
    Alí exporánse unha recopilación de más de 80 viñetas que reflicten a súa visión sobre Lugo e a súa sociedade.

  • 10 ilustradores da AGPI participarán o sábado 24 de maio na actividade “COMPRA UN POEMA”

    Hoxe Sábado de 6 a 9 da tarde e dentro das actividades programadas polo Concello de A Coruña en torno ao día do libro, 10 ilustradores/as da AGPI participarán xunto a outros tantos poetas na actividade “Comprando un poema”.
    Os nosos socios participantes serán:
    Iván Rodríguez, Idoa de Luxan, Samagaru, Manel Cráneo, David Rubín, Yago García, Carlos Arrojo, Almudena Aparicio, Victor Boullón, Diego Ogando, Saray García.
    Durante a actividade que se celebrará no Quiosko Alfonso, os visitantes poderán mercar un poema manuscrito e ilustrado in situ ao prezo de 1 euro.