As ilustracións do libro As estrambóticas aventuras de Gulliver, do noso socio David Pintor (que asina neste caso como parte do dúo Pinto & Chinto), foron seleccionadas pola Oepli para representar a España na exposición da Bienal de Bratislava, que se desenvolverá nesa cidade eslovaca do 6 de setembro ao 25 de outubro deste ano.
En total, foron seleccionados quince ilustradores españois para a mostra, e David Pintor é o único galego; o resto dos seleccionados son Iban Barrenetxea, Ignasi Blanch, Ángela Cabrera, Arianne Faber, Mercè Galí, Tesa González, Maite Gurrutxaga, Imapla, Elena Odriozola, Iraia Okina, Roger Olmos, Lola Roig, Francesc Rovira e Javier Zabala.
Por outra parte, David realizou unha ilustración do cantante Henri Salvador para o volume 15 da colección de cedés «Chanson Française», que se distribúe co diario portugués Público.
O
Sabor a Artesanía,
Como adiantabamos 
A exposición Parafusos, alambiques e birleques, que puido visitarse ata o pasado día 23 dentro da programación do
O catálogo Galician Books for Children & Young Adults 2013, que inclúe as 144 novidades de 40 editoriais galegas publicadas ao longo do pasado ano, serve de carta de presentación das firmas e mais dos autores en feiras internacionais como as de