
.
A MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o mes de xuño) acolle unha Charla Ninja organizada pola AGPI. Nela, David Rubín e Alberto Guitián repasarán o Decálogo Ninja do ilustrador, achegando as súas experiencias e anécdotas como profesionais da ilustración. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia (Av. do Burgo das Nacións, s/n, 15704 Santiago de Compostela), este sábado, 22 de abril, ás 12:30, con entrada libre ata completar o aforo.
A charla é un complemento da exposición «Guía Ninja do Ilustrador», espazo dentro da MiiC que repasa os obxectivos, os contidos e a boa acollida desta campaña da AGPI, que neste mes de abril cumpre o seu primeiro aniversario. Rubín e Guitián abordarán de xeito moi visual os actuais retos dos creadores freelance, como a protección e a xestión dos dereitos de autor no mercado global ou a defensa fronte plaxios ou prácticas especulativas.
A Charla Ninja MiiC e a campaña «Guía Ninja do ilustrador» contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Cidade Creativa quere ser un mercado de creación diferente, un punto de encontro para que os que traballan no eido creativo e cultural poidan dar a coñecer os seus produtos e servicios dunha forma máis vivencial que o que permiten os tradicionais ‘networkings’, e onde ademáis de visibilizar ás máis de 50 empresas que diaramente conviven no Centro de Emprendemento Gaiás – CEM (e todas aquelas que se animen a participar) se podan establecer sinerxias entre emprendedores, axentes e cidadanía.
Este sábado 1 de abril ten lugar unha nova edición do 

Entre o 10 de marzo e o 2 de abril desenvólvese, no Pazo de Cultura de Pontevedra, o 
Este sábado comeza «A cor das palabras. Encontros con cineastas», un ciclo do Concello de Santiago de Compostela (
No día de onte, o arcebispado de Santiago de Compostela sumouse nun comunicado ás críticas emitidas pola asociación Abogados Cristianos a respecto dun dos carteis que, con motivo do 