A princesa do Courel, de Patacrúa, editada en Oqo; A sombra descalza, de An Alfaya, en Xerais, e Smara, de Paula Carballeira, en Kalandraka, acaban de ser incluídas na lista dos que a Biblioteca Internacional de la Juventud de Bolonia considera mellores libros do ano. Máis información en La Voz de Galicia.
Categoría: historico
-
Ilustración en Leer León
Impresionante el programa de actos relacionados con la ilustración que tendrán lugar en el próximo Leer León (11 al 15 de mayo de 2007).
-
Feísmo ilustrado
O Centro cultural da Diputación de Ourense ofrece desde o día 25 de Abril unha novidosa exposición, non tanto polo contido, senón pola forma en que se presentan as obras, colgadas nos andamios colocados para tal fin no exterior do mesmo edificio Simeón. A mostra, presentada co explícito nome de Feísmo ilustrado, forma parte do paquete de actividades promovidas pola difusora de letras, artes e ideas alrededor da próxima cita do Segundo Foro Internacional do Feísmo en Ourense.
A exposición a constitúe o traballo de quince debuxantes, entre os que se encontran varios socios de AGPI, sensibilizados co tema, a quen se lle pediron referencias visuais que constituisen unha reflexión sobre o feísmo. A mostra, que se presenta en Ourense, trasladaráse a distintos puntos de Galicia unha vez finalice a celebración do Foro sobre o Feísmo, que se presenta co lema xenérico de Construir un país: a rehumanización do territorio.
– A versión PDF do catálogo está dispoñible en feismo.com.
-
III Festival Int. de Banda Desenhada de Beja
A banda deseñada galega non deixa de traspasar fronteiras, tras o recente éxito dos artistas do noso país no 25º Saló Internacional del Cómic de Barcelona, agora un destacamento de bo número de autores da nosa banda deseñada desembarcarán en Beja como invitados ao seu III Festival de Cómic: III Festival Internacional de Banda Desenhada De Beja
Entre os dias 5 e 20 de Maio, o Festival Internacional de Banda Desenhada de Beja volta a vincar a silhueta da cidade.
Exposições de autores portugueses: Alice Geirinhas; André Lemos; Artur Correia/António Gomes de Almeida; Augusto Trigo; Gisela Martins e Sara Ferreira – mangakas portuguesas; José Manuel Saraiva; Maria João Worm; Pedro Rocha Nogueira; colectiva “Toupeira”, com Carlos Apolo, Carlos Páscoa, Inês Freitas, João Lam, Lobato, Luís Guerreiro, Maria João Careto, Paulo Monteiro, Pedro Ganchinho, Susa Monteiro, Véte, Vitor Cabral, Zé Francisco e Zé Pedro); e a retrospectiva “Dois anos de Bedeteca”.
Exposições de autores estrangeiros: David B. (França); Max (Espanha); Miguelanxo Prado (Espanha); Ulf K. (Alemanha); e a colectiva Desde Galiza (Galiza/Espanha), com David Rubín, Diego Blanco, Emma Ríos, Kike Benlloch, Kiko da Silva, Miguel Robledo e Víctor Rivas.
Além da Casa da Cultura, que funciona como “coração” do Festival, o evento estende-se por todo o centro histórico: Conservatório Regional do Baixo Alentejo, Galeria do Desassossego, Museu Jorge Vieira – Casa das Artes, Museu Regional de Beja, Núcleo Visigótico – Igreja de Santo Amaro e Pousada de S. Francisco.
Sete núcleos expositivos onde se mostram algumas das tendências mais relevantes no campo da banda desenhada contemporânea, incluindo ainda o Pax Julia – Teatro Municipal, que volta a acolher parte da programação paralela.
Mais de 40 autores, 15 exposições patentes ao público, mais de 450 originais em exposição… Maio é o mês da banda desenhada no Sul do país…
-
Memoria das paredes
Nota de prensa dos organizadores: O próximo luns 23 de abril, Día do Libro, ás 20.00 h., inaugúrase na Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” a exposición Memoria das paredes: os carteis de Depósito Legal na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Presidirá o acto a Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo Rodríguez.
O Depósito Legal constitúe un recurso bibliotecario de primeira orde; no caso da Biblioteca M.G.G. supón o depósito dun exemplar dos materiais impresos de todo tipo realizados na provincia da Coruña; entre eles, os carteis. O obxectivo desta normativa é a conservación do noso patrimonio documental. E ás bibliotecas depositarias, as bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia, corresponde, ademais de conservalo, organizalo e difundilo.
A difusión é o que persegue “Memoria das paredes”, unha ampla mostra de carteis impresos na provincia da Coruña desde 1958 ata a actualidade. Unha etapa moi ampla na que sucederán procesos históricos importantes, que quedarán reflectidos nos carteis, ademais doutras moitas actividades: festas, espectáculos, deportes, relixiosidad, publicidade comercial e campañas promocionais, política e sindicalismo, congresos, certames, feiras o exposicións. Os acontecementos e obxectos anunciados céntranse fundamentalmente na provincia, aínda que moitas imprentas, como a Roel, serán requiridas en toda Galicia para anunciar os eventos máis importantes. Deseñadores gráficos, ilustradores, fotógrafos, artistas plásticos… son os autores; e entre eles, Luís Seoane e Rafael Barros, que xa contribuíran coas súas sinaturas ao desenvolvemento do cartel galego no primeiro terzo do século XX.
-
Premios Saló do Cómic de Barcelona
Miguelanxo Prado: Gran Premio pola súa traxectoria
David Rubín: Premio Josep Toutain para o autor revelación
Polaquia: mellor fanzine (Barsowia).¡NORABOA!
Máis información:
– Web oficial do Saló.
– Álvaro Pons en El País: Los grandes del cómic avivan la nostalgia.
– culturagalega.org: Éxito condal.
– La Voz de Galicia: El Salón del Cómic de Barcelona premia a Miguelanxo Prado, David Rubín y al colectivo Polaqia.
– La Opinión: Miguelanxo Prado, Gran Premio del XXV Salón del Cómic de Barcelona. -
Curso de ilustración de P. Amargo e J. Zabala
Entre o sábado 12 e o martes 15 de maio, en León, Pablo Amargo e Javier Zabala impartirán o Curso Internacional de Ilustración UNO + 1. Tódolos detalles de inscripción, criterios de selección (hai só 25 prazas), horario, etc, poden consultarse no folleto informativo do curso [PDF, 356 KB].
– Cartel do evento [JPG, 300 KB].
-
intro-cómics
Programa:27 de abril
20.30 Inauguración mostra Xaime Asensi28 de abril
17.00 Micro obradoiro con Hugo e Serxio Covelo
19.30 Charla merenca coa Participación de Xaime Asensi, Hugo e Serxio COvelo e Fuck Cómics.Auditorio de Vilagarcía de Arousa
Entrada de baldeMáis información en intro-comics.blogspot.com
-
Covocado o XI concurso “A la orilla del viento”
XI Concurso de Álbum Ilustrado A la orilla del viento.
Prazo aberto ata o 30 de agosto de 2007. Bases.
