‘Cabana de Balieiros’, en Moaña

Escrito por

en

O noso socio Tokio prosegue o ciclo de presentacións da súa novela gráfica Cabana de Balieiros: este venres, 16 de decembro, á 21:00, terá lugar o acto de lanzamento na libraría O Pontillón (rúa Concepción Arenal, 7, A Seara, 36950 Moaña).

Tokio anunciou tamén recentemente no seu blog que en breve terá materiais promocionais relacionados co seu libro: uns marcapáxinas e láminas con ilustracións da obra.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *