Autor: adminAgpi

  • Castelao non o farIA

    Castelao non o farIA

    Nestes anos informámonos, indagando e investigando sobre a IA xenerativa e as consecuencias que o seu uso carrexa. Fixemos pedagoxía alí onde foi necesario, denunciando as súas prácticas extractivistas, a vulneración de dereitos de autoría e a contaminación e saqueo de recursos naturais que necesita para o seu lucrativo negocio. Agora imos materializar a loita e a pedagoxía máis aló dos contidos dixitais, os mails, as RRSS ou as charlas que damos. Queremos sacalo á rúa, levalo posto ou poder dalo de man en man, facer loita analóxica, tanxible, contra a IA xenerativa.

    Para iso queremos publicar varios produtos ilustrados divulgativos: Como unha camiseta ilustrada por Leandro e fanzines, cadernos, adhesivos e láminas de diversxs autorxs da AGPI. Chegado o momento necesitaremos moito axuda na difusión, de antemáns grazas. Evidentemente o recadado irá á hucha de AGPI.

    Podedes apoiar a causa en vkm.is/agpi

  • Convenio con PuntoGal

    Convenio con PuntoGal

     Temos unha boa nova, vimos de asinar un convenio con PuntoGal que nos da acceso a mercar dominios cun importante desconto na alta para proxectos dos membros da Asociación ou dos vosos clientes

    PuntoGal, que supera os 7500 dominios. En palabras do director xeral da PuntoGal, Darío Janeiro: “Acompañando ás iniciativas que, coma esta, facilitan e promoven a creación de contidos en galego, e que aportan á rede unha visión da diversidade e riqueza da creación na nosa lingua”

    Para Janeiro “as alianzas son sempre un xeito de incrementar o valor e a relevancia das iniciativas de comunicación, nun momento en que parece que a predominancia é das plataformas e non dos creadores ou dos comunicadores”.

    Pola nosa banda, cremos que o dominio punto gal, é unha forma de ampliar o afecto ao territorio e ao local, levado á rede, grazas por iso.

  • Aquelarre de debuxantas

    Aquelarre de debuxantas

     Queres vir a conspirar mentres debuxamos e merendamos xuntas?

     Pois este venres 6 a partir das 17.00h  temos  #aquelarrededebuxantas no obradoiro de @deica_creacions coa @agpilustracion!!!

     Envía unha mensaxe para anotarte se tes interese a @iriaribadomar ou a @deica_creacións , para ir xestionando aforo!

  • Festa polo Día dá ilustración 2026

    Festa polo Día dá ilustración 2026

    Esta será a primeira vez que fagamos unha Festa polo Día dá ilustración 2026

    Será no “Miúdo” na Rúa Romero Ortiz, 37 en Vilagarcía de Arousa miudo.eu

    Programación:

    – 18.30 a 20h Garabatos a tutiplén! Un obradoiro para divertirse debuxando, imparte Laura Caneira, custo 10€. Materiais incluídos

    Inscrición formulario obradoiro https://forms.gle/un1HvKhcAwm1RGtb6

    – 20h Little Pi e Martin Haddock DJ con ilustración en vivo, poden participar todxs xs que veñan facendo unha obra colectiva (entrada inversa para ilustradorxs)

    – 22h Sorteo de dúas cestas con: Caderno AGPI, ilustracións, fanzines, BD e produtos ilustrados de socixs da AGPI: Laura Caneira, Nuria Díaz, Rebeca Perdivel, Augusto Metztli, Iria Ribadomar, Paula Mayor, Lara La Chica de la Cinta, Clara Cerviño, Bruno Elerre, Tamara Baz y Julia Gema Fernández Pla. Ligazón  aquí: https://rifary.com/zes5w6gng785p9oxgnqpjz6o

    *Faremos o sorteo na Festa polo Día da Ilustración 2026 no Miúdo, o venres 6 de febreiro pola noite.

    *Haberá petiscos veganos e sen glute

    Vémonos!

  • Actividades do Día da Ilustración 2026

    Actividades do Día da Ilustración 2026

    Como cada ano, o 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Nesta ocasión, a figura homenaxeada será Siro, unha das voces máis recoñecibles da caricatura e da ilustración galega contemporánea, cunha traxectoria marcada polo humor, a crítica social e a defensa da cultura do país.

    A AGPI participa este ano, en colaboración coa Xunta de Galicia, con diversas actividades arredor da súa figura, entre elas a exposición conmemorativa Siro, a vida nun lapis (Biblioteca de Galicia), elaborada en estreita colaboración co propio autor. No portal de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e na web diadailustracion.gal podedes consultar o resto das actividades programadas, así como un vídeo conmemorativo sobre o ilustrador e información detallada sobre a súa vida e obra.

    Como cada ano animamos a todo o mundo a participar dun xeito sinxelo utilizando nas redes sociais o hashtag #Diadailustracion2026

    O cartel deste ano é obra da nosa socia Clara Cerviño.

  • Presentación de O Caderno AGPI no Culturgal 2025

    Presentación de O Caderno AGPI no Culturgal 2025

    A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) anuncia a presentación de O Caderno AGPI no marco do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas.

    Presentan: Augusto Metztli e Chus Rojo

    Data: 28 de novembro de 2025

    Hora: 16:00 h

    Lugar: Escenario arte, Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra)


    Sobre O Caderno AGPI

    O Caderno AGPI é un libro obxecto que recolle a esencia do debuxo espontáneo. Cada páxina ofrece un bosquexo realizado por un dos socios e socias da AGPI, acompañado de información de contacto das autoras e autores participantes.

    Este caderno busca transmitir ao público xeral o encanto dos bosquexos, esas primeiras liñas que revelan a creatividade e a personalidade de cada artista. Máis que un simple caderno de debuxo, é unha mostra colectiva que celebra a diversidade e o talento da ilustración galega.


    A presentación


    O acto contará coa participación de Augusto Metztli e Chus Rojo, quen achegarán a súa visión sobre o proceso creativo e o valor dos bosquexos como ferramenta artística e comunicativa.

  • O Día da Ilustración 2026 renderá homenaxe ao artista Siro.

    O Día da Ilustración 2026 renderá homenaxe ao artista Siro.

    A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración -AGPI- e a Xunta de Galicia seguirán a apostar, tal e como xa se fixo o pasado ano, polos homenaxes en vida de figuras clave da ilustración galega contemporánea.

    Tras dez anos reivindicando referentes históricos e pioneiros no eido da ilustración galega, tales coma Lolita Díaz Baliño, Federico Ribas, Chichi Campos ou Reimundo Patino, no ano 2025 decidiuse mudar o modelo de homenaxe e contar con autores contemporáneos, sendo o primeiro deles o mindoniense Xosé Vizoso. A colaboración directa co autor supuxo unha mellora notable na conexión entre autor -e obra- co público.

    No ano 2026 será Siro o autor escollido. Coñecido polo seu traballo de caricaturista político e de humorista gráfico, destaca tamén como retratista, debuxante e pintor, ademais de destacar noutros eidos coma o do xornalismo ou o ensaio. Foi o deseñador da Praza do Humor da Coruña (1990) e o autor do curso de galego ¿Imos aló?, emitido na TVG entre 1989 e 1990.

    Nado en Ferrol no ano 1943, Siro descríbese como un debuxante precoz, recoñecendo unha notable facilidade para o debuxo dende ben cativo. Posuidor dun trazo áxil e decidido, non tardou en experimentar con todas as técnicas posibles: tinta e pincel, sanguina, carbón, grafito, pluma, pastel, técnicas dixitais… Tamén experimentou coa cor e a mancha, recoñecendo que tardou en pintar polo respecto que lle daba a técnica.

    Día da Ilustración

    O Día da Ilustración naceu cos obxectivos de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural e de facer, cada ano, homenaxe a un ilustrador ou ilustradora galega. A efeméride foi creada no ano 2014, tomando como referencia a data do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao -o 30 de xaneiro-, incluída no Calendario do Libro e da Lectura que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

  • XXII Encontro Galego de Ilustración

    XXII Encontro Galego de Ilustración

    O XXII Encontro Galego da Ilustración, terá lugar en Pontevedra coa achega de diversas e interesantes actividades nesta nova praza.

    Dentro deste evento anual, atoparemos un abano variado de propostas dirixidas a profesionais e afeccionados do sector da ilustración. O marco temporal abranguerá do Luns 6 de Outubro ata o Sábado 18 e contará con escaparates ilustrados, faladoiros, obradoiros para maiores e nenos, e temáticas abordadas dende o formato de mesa redonda.  

    Unha gran ocasión para gozar da ilustración e todas as súas posibilidades.

    PROGRAMA 22 ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN AGPI

    Pontevedra, do 6 ao 18 de Outubro

    Luns 6 de Outubro:

    Escaparate ilustrado por Nuria Figueiredo en Libraría Seijas

    Mércores 8 de Outubro

    Escaparate ilustrado por Eli García en Libraría D-Lectum

    Venres 10 de Outubro – Facultade de Belas Artes

    16:30 – Faladoiro “Estudié ilustración ¿Y ahora qué?” 

    Por Ío Bru (Ilustrando Dudas)

    17:30 – Revisión XPRESS de Portfolios – Ío Bru 

    Requírese inscrición previa no siguiente formulario

    https://forms.gle/p7QJwBYzVpJfdxb77

    20:00– Inauguración Expo XX anos de AGPI en Belas Artes

    Presentación por Laura Romero

    Música en directo Zeltia Irevire Solo Acústico

    Sábado 11 de Outubro – Museo de Pontevedra

    10:30 – Benvida por Laura Romero (Presidenta do AGPI)

    11:00 – Obradoiro “Mal, mal, fatal” impartido por Berto Fojo

    (zona de cristal do primeiro andar do Edificio Castelao, Museo de Pontevedra)

    Requírese inscrición previa no siguiente formulario

    https://forms.gle/138oyQv7BnEV9Kkw5

    12:00 – Pausa para café

    12:30 – Faladoiro “Pasión, profesión y muchos monstruos.” Las claves de tu transformación creativa y profesional para una carrera de ilustración estratégica y potente. por Ío Bru (Ilustrando Dudas)

    (Salón de Actos do Edificio Castelao)

    14:00– Comida

    16:30 – Mesa redonda “Máis alá do papel: ilustrar a todo terreo” con Abi Castillo, Natalia Umpiérrez y Lili Algo, moderado por Laura Caneira

    (Salón de Actos do Edificio Castelao)

    17:45 – Obradoiro “Ilustración con bolígrafo: iniciación y técnica” impartido por Belén Diz Juncal

    (zona de cristal do primeiro andar do Edificio Castelao)

    Requírese inscrición previa no siguiente formulario  

    https://forms.gle/3iGZQ3pYgYZhWhWH7

    Sábado 18 de Outubro – Libraría Seijas

    17:00- Obradoiro para infancias (de 5 a 9 anos) “Cómics voladores” impartido por Gastón Caba

    Requírese inscrición previa no siguiente formulario       

    https://forms.gle/Lkk37SLKHVawSJkt5

    CARTEL

    Ilustración do cartel: Minia Regos

    Organiza: AGPI

    Co apoio de: Xunta de Galicia 

    Colaboran: Museo de Pontevedra, Diputación de Pontevedra, Facultade de Belas Artes, Campus CREA, Libraría Seijas, Libraría D-Lectum

    Participantes:

    Abi Castillo 

    Belén Diz Juncal

    Berto Fojo

    Eli García

    Gastón Caba

    Ío Bru

    Laura Caneira

    Lili Algo

    Natalia Umpiérrez

    Nuria Figueiredo

    Zeltia Irevire

  • A ilustración científica no Galicia Ilustra (Con)ciencia

    A ilustración científica no Galicia Ilustra (Con)ciencia

    A imaxe actual non ten texto alternativo. O nome do arquivo é: POST_SIBECOL_1.jpg

    AGPI participará do 2 ao 6 de xuño no Pazo da Cultura en Pontevedra, cunha exposición de ilustración titulada “GALICIA ILUSTRA (CON)CIENCIA“.

    As persoas asociadas que contribúen a esta mostra son: Xulia Pison, Lara Esperante Ingelmo (La Chica de la Cinta), Sabela Rodríguez, 13 Grados, Calros Silvar, Idoia de Luxan, Iago Araujo Molina, Clara Cerviño, Lola Garcerá, Victoria Riveiro Currais e Augusto Metztli.

    Ademais da exposición hai un catálogo online que podes ver aquí

  • Cambiamos de local

    Cambiamos de local

    Despois de varios anos no antigo local, cambiamos de barrio (seguimos na Coruña) para mellorar
    os nosos servizos, agora atopamonos no barrio de Os Mallos, moi preto da estación de tren.


    A dirección completa é: Av. dos Mallos 56, entreplanta. 15007 — A Coruña