‘Boreal’ publica un recompilatorio dos seus primeiros seis meses

Escrito por

en

A web Boreal leva desde o pasado setembro a narrar a actualidade diariamente con ilustracións acompañadas de breves artigos, todos eles a cargo de Fernando Prado, Ana Ferrer, Marthazul e o noso socio Augusto Metztli. Para celebrar estes 6 meses de traballo continuo prepararon unha publicación dixital, Cápsulas contra la desmemoria vol. 1, a recompilación dos artigos máis vistos na web, que, ademais, inclúe o suplemento «Íntimas recomendaciones». A publicación pode ser adquirida por 5 euros nesta ligazón; cada comprador entra no sorteo dun par de ilustracións orixinais e asinadas.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *