Charla de João Vaz de Carvalho en Santiago

Escrito por

en

O ilustrador portugués João Vaz de Carvalho participará esta tarde, ás 18:30 h, na charla titulada «Ilustrar a música». Será na Galería Sargadelos de Santiago (rúa Nova 16, 15705 Santiago de Compostela), e con ela dará comezo a XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela. Na charla tamén participará o especialista en didáctica da música José Antonio Abad, coautor dos álbums As catro estacións (con ilustracións de Emilio Urberuaga) e O carnaval dos animais (ilustrado por Vaz de Carvalho).

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *