A prensa faise eco de
‘El caserón del acantilado’

Escrito por

en

O álbum Las aventuras de M & M: El caserón del acantilado, escrito e debuxado polo noso socio Marcos B, que ademais se encargou da edición do volume, está a ter estes días repercusión na prensa. Se en días pasados era a web especializada Entrecomics a que daba información sobre o libro, hoxe son La Opinión de A Coruña e CulturaGalega.org os medios que dedican artigos a esta obra de banda deseñada dirixida «a un público xuvenil, de entre 6 e 15 anos», que «mestura humor con misterio» nunha vila mariñeira.

A obra pode adquirirse nas librarías que aparecen na web dedicada ao álbum.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *