‘Sharp Avenger vive en la calle’,
novo proxecto en colaboración

Escrito por

en

O guionista David Braña e mais o noso socio David Buceta son os promotores do proxecto Sharp Avenger vive en la calle, un cómic de 120 páginas sobre as vivencias dun superheroe que, afectado pola crise, acaba vivindo como un «sen teito». O álbum conta con arrededor de 50 persoas involucradas, entre guionistas e debuxantes. Na nómina de colaboradores están os nosos socios Sergio Covelo, Van Durán, Idoia de Luxán e Jorge Peral.

O sitio web de crowdfunding Verkami recolle o proxecto, no que pode colaborar calquera persoa interesada.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *