Jacobo Fernández ilustra a Manuel Rivas

Escrito por

en

O raposo e a mestra é o título do novo libro infantil do escritor Manuel Rivas, e conta coas ilustracións do noso socio Jacobo Fernández Serrano. O libro, publicado por Xerais, será presentado mañá, 30 de novembro, dentro do programa do Culturgal, que se desenvolve desde hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra. No acto de presentación, ás 17:30, o propio Manuel Rivas lerá o seu texto a nenos e nenas, acompañado da música de Cesar Freiría (Cé Orquestra Pantasma).

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *