Festival Abofé St. en Vilagarcía

Escrito por

en

Os nosos socios Nuria Díaz e Augusto Metztli colaborarán co festival solidario Abofé St., que terá lugar mañá, sábado 6, en Vilagarcía de Arousa. O festival ten como obxecto recadar fondos para os bancos de
alimentos e os comedores sociais, debido ao aumento da demanda de
alimentos tras o peche, por vacacións, dos colexios e os seus respectivos
comedores.

Nuria participará vendendo os seus obxectos ilustrados no mercadiño, e Augusto cun taller de creación de personaxes ou situacións a partir de
pinzas da roupa e acrílicos.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *