Chega ás librarías o novo libro de Fran Jaraba

Escrito por

en

A partir de mañá poderá adquirirse nas librarías a nova obra do noso socio Fran Jaraba, a novela gráfica División Azul, que publica a alacantina Edicions de Ponent.

Ficción de ambientación histórica, esta banda deseñada está protagonizada por un mozo que se alista en 1941 na División Azul para tentar levar a cabo unha misión secreta do partido comunista.

Pode accederse a máis información e un par de páxinas do libro no blog da editorial.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *