Banda deseñada e divulgación arqueolóxica

Escrito por

en

Tal e como publicaba o diario El País o pasado venres, o proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros, de Lira (Carnota), terá entre os seus resultados unha síntese dos achados e das conclusións dos traballos que se están a desenvolver durante estes días no xacemento. Dado o carácter aberto e divulgativo da iniciativa, esa primeira síntese para o público será feita en forma de banda deseñada; o guión correrá a cargo do profesor e xornalista Manuel Gago, e os debuxos serán responsabilidade do noso socio Manel Cráneo (que ademais vén de anunciar no seu blog a inminente edición do seu novo libro, Cousas de mortos).

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *