‘La Esquina coloreada’, mostra de ilustración en Arzúa

Escrito por

en

Desde o pasado 3 de decembro, e ata o próximo 8 de xaneiro, pode visitarse en Arzúa La Esquina coloreada, a primeira exposición colectiva dedicada á ilustración na confeitaría La Esquina (praza de Galicia 7, 15819 Arzúa) un local histórico desta vila.

Na mostra, composta por obras realizadas en tintas, acrílicos, óleos e serigrafías, participan Yellice Rodríguez, Pablo Sexto, Olalla Ofl, Marthazul e o noso socio Augusto Metztli.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *