Curso de bosquexos de campo

Escrito por

en

Calros Silvar impartirá, os luns e os mércores entre o 12 e o 28 de decembro, de 19:00 a 21:00 h, o Curso de iniciación ao debuxo de natureza: bosquexos de campo, na Aula de Natureza Juan Lembeye, do Xardín Botánico Ría do Burgo de Culleredo.

As inscricións haberán de se efectuar na Concellería de Cultura do Concello de Culleredo (Edificio de Servizos Múltiples).

O prezo da inscrición é de 40 euros, e as prazas son limitadas.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *