‘Rapazas’, libro de ‘pin-ups’ de Pinturero

Escrito por

en

En maio chegará ás librarías o primeiro libro recompilatorio de ilustracións femininas (tamén coñecidas como pin-ups) a cargo de Pinturero. O seu título será Rapazas (Las pin-up de Pinturero) e estará editado por Dibbuks.

As moi positivas opinións de Alfonso Azpiri, Luis Royo, Carlos Díez ou Fernando Vicente acompañan o libro na contraportada. Este último, por exemplo, di: «Quedei sorprendido coas imaxes que crea Pinturero. É incriblemente versátil e tecnicamente envexable. Un achado». O autor da introdución, ademais, é outro nome ilustre: Horacio Altuna.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *