Martín Romero gaña a Bolsa AlhóndigaBilbao

Escrito por

en

O noso socio Martín Romero vén de gañar o premio concedido pola AlhóndigaBilbao, consistente nunha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de BD durante un ano na prestixiosa Maison des Auteurs de Angulema (Francia).

A bolsa está dotada con aloxamento nun apartamento individual até un máximo de doce meses, acceso ao equipamento e a todos os servizos de La Maison des Auteurs, e 1.000 euros mensuais até un máximo dun ano. Alén diso, AlhóndigaBilbao, pola súa conta ou en colaboración cunha editorial especializada, estudará a posibilidade de publicar o proxecto no ano seguinte da finalización da bolsa.

O xurado desta edición do premio estivo presidido por Paco Roca,  Premio Nacional de Cómic 2008, e conformado por Álvaro Pons,  Juan Manuel Díaz de Guereñu,  Paco Camarasa,  José Ibarrola e Antonio Altarriba.

Os nosos parabéns para Martín por este importante premio!

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *