Rematou o 10º Viñetas

Escrito por

en

Finalizou o salón do cómic de A Coruña e outro ano máis o stand da AGPI foi visitado por numerosos interesados e curiosos que recibiron información sobre as tarefas que desenvolve a nosa asociación; moitos dos que por alí pasaron levaron consigo exemplares dos catálogos das nosas expos e diverso material formativo e divulgativo. O stand serviu tamén de punto de encontro de moitos profesionais que quedaban nel para reforzar as súas relacións interpersoais. A presenza da caseta da AGPI no Viñetas estase a volver cada ano máis relevante para nós e os nosos asociados.

Agpi en Viñetas Foi tamén esencial a presentación pública que os responsables de AGPI-BD, Javi Montes e Fran Bueno, fixeron o día 16, e na que informaron aos asistentes dos principais movementos que a asociación está a facer no eido do cómic, asi como dos principais obxectivos e proximas metas da AGPI e presentaron o número 4 do noso boletín AGPIrina. Ao acto acudiron os medios de comunicación, que deron cumprida fe do acontecido na presentación nas páxinas dos diarios do día seguinte.

– Noticia en La Opinión de A Coruña.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *